La oficina de turismo de Baiona

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, anunciou esta mañá que a Consellería de Cultura e Turismo acaba de facer públicas as axudas para a contratación de persoal para as oficinas de información ao visitante de Baiona, A Guarda e Nigrán.

O delegado territorial destacou que estas axudas destínanse aos concellos declarados Municipios Turísticos, orientadas a colaborar na contratación de persoal nas oficinas de turismo.

O orzamento destinado a esta orde de axudas para toda Galicia foi de 300.000 euros, cun máximo de 5.200 euros por entidade beneficiaria. Os requisitos do persoal contratado serán estar en posesión do título de Técnico Superior en Información e Comercialización Turística ou Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turística; Técnico en Empresas e Actividades Turísticas ou Grao ou Diplomatura en Turismo ou equivalente homologado.

Do mesmo xeito, é tamén requisito indispensable que o concello conte coa declaración de Municipio Turístico galego, de refundición en materia do Consello Galego de Turismo, declaración de Municipio Turístico galego e declaración de Festas de Interese Turístico.

Tal e como recordou o delegado territorial, os concellos declarados Municipios Turísticos son aqueles nos que, pola unha afluencia periódica ou estacional, a poboación anual de poboación turística é superior ao 25% do número de veciños.

Ademais, deben acreditar que contan dentro do seu territorio con algún servizo turístico susceptible de producir unha atracción turística de visitantes cinco veces superior a súa poboación e contar con servizos municipais como saneamento, recollida de residuos, protección civil e ordenación urbanística, entre outros.