O Concello do Rosal organiza un concurso de fotografía sobre o “Mirabel”, froita representativa do pobo.

Bases:

Pode participar calquera persoa maior de idade. Cada participante presentará unha única fotografía. As fotografías poderán ser en cor ou branco e negro, presentaranse en papel fotográfico cun tamaño de 20X30, sempre pegadas sobre unha cartolina negra DIN A3.

A fotografía deberá ser orixinal, inédita e non ter sido premiada nin recoñecida ou seleccionada noutros concursos. Asemade, deberán estar libres de dereitos que poidan posuír terceiros.

As fotografías nas que aparezan menores de idade concursarán baixo a responsabilidade do autor/a.

A fotografía entregarase nun sobre pechado coa indicación “O MIRABEL DO ROSAL”- No mesmo sobre, no dorso levará o pseudónimo do autor/a e o título de dita fotografía. Noutro sobre pechado irá por fóra o pseudónimo e no interior os seguintes datos: nome, apelidos, enderezo, teléfono, fotocopia DNI ou tarxeta de residencia. O sobre pequeno irá dentro do grande. As fotografías entregaranse no Rexistro de Entrada do Concello do Rosal.de 8 a 15 horas. O prazo rematará o 10 de xullo de 2019 .

Premios:

  • Concederase un único premio de 100 € para utilizar no comercio do Rosal.
  • 3 lotes de produtos de mirabel para as 3 mellores fotografías seguintes ao primeiro premio.

Coas fotografías presentadas a concurso realizarase unha exposición na III Feira do Mirabel.