Telemariñas

O Comité Executivo do Partido Popular da provincia de Pontevedra deu luz verde á celebración, o próximo 21 de xaneiro, do IV Congreso Local do Partido Popular de Gondomar, no que terán dereito a voto os máis de 400 afiliados do PP local. Mentres que en Nigrán será o 28 de xaneiro, no que terán dereito a voto os máis de 1.000 afiliados do PP local.

A dirección provincial aprobou ademais o Regulamento que rexerá todo o relativo á organización e funcionamento do Congreso así como a Comisión Organizadora, que estará presidida en Gondomar por Carlos Javier Abal Valverde e da que formarán parte ademais Sonia Rial Cabral, como secretaria, e Luz del Mar Hermida Figueiró, como vogal e en Nigrán por Carlos Javier Abal Valverde e da que formarán parte ademais Sonia Rial Cabral, como secretaria, e Luz del Mar Hermida Figueiró, como vogal. Esta Comisión será a encargada de coordinar, impulsar e dirixir todos .

Estas Comisións serás as encargadas de coordinar, impulsar e dirixir todos os aspectos organizativos do Congreso ata o día da súa celebración, momento no que asumirán esas competencias a Mesa do Congreso.

Todos os afiliados do PP de Gondomar que aspiren á presidencia do partido terán ata o 19 de xaneiro (48 horas antes do comezo do Congreso) para presentar un mínimo de 60 avais.  Namentres os afiliados do PP de Nigrán que aspiren á presidencia do partido terán ata o 26 de xaneiro (48 horas antes do comezo do Congreso) para presentar un mínimo de 180 avais.

A Comisión Organizadora deberá elaborar e aprobar un modelo de aval que lle será facilitado a todos os candidatos e afiliados que o soliciten.

O prazo máximo para a presentación de candidaturas rematará o día 21 de xaneiro, no caso de Gondomar, e o 28 de xanero, no caso de Nigrán, ante a mesa do Congreso, a Comisión Organizadora fixará a hora límite de presentación.