Como é sabido a Vespa Velutina ou vespa asiática, ten un ciclo biolóxico anual que comeza da seguinte maneira: Entre setembro e outubro nacen as femias e os machos sexuados (en condicións para se reproducir), que tras a fecundación nacerán as futuras Mestras (ou raíñas) do novo ciclo anual.

De seguido, e unha vez extiguido en enxamio a finais do Outono (morren as obreiras, os machos, e as vellas raíñas), as novas Mestras nacidas e fecundadas (as fundadoras), pasarán inverno nos ocos de árbores vellas, en ocos de rochas ou, incluso metidas nos balados. A finais do inverno, aquelas que sobrevivirán pasarán a construir o chamado niño primario, do tamaño dun puño, construído normalmente no faiado das casas, e onde a Mestra fai una pequeña posta, arredor de 30 ou 40 ovos, dos que sairán as obreiras que procederán á construcción do niño principal en árbores, casas, incluso no chan. Nesta fase, e xa construido o niño principal, a Mestra ou Raíña xa quedará definitivamente no interior do niño adicada á posta de ovos.

Pois ben, atendendo a este curioso ciclo biolóxico, os dous momentos máis interesantes para proceder ao trampeo , son a principio da primavera que saen a Raiñas fundadoras alimentándose básicamente flores (sobre todo do camelio e en xeral flores de moito colorido), e agora a finais do Outono en que esas mesmas fundadoras antes de invernanr tamén saen a alimentárense de flores e froita. Xa que logo é o momento instalar as trampas, tendo en conta que por cada vespa Velutina Raiña que se atrape, estaremos evitando o nacemente de arredor de 40.000 novas avespas na primavera.

Dende a Concellaría de Medio Ambiente queremos insistir na importancia de controlar esta Praga, e por iso convidamos a toda a veciñanza a instalar as súas trampas en foiteiras, árbores, etc, pois esta é una loita de toda a sociedade, non só dos apicultores, pois esta vespa ao carecer de depradadores naturais, é letal para o noso ecosistema, comezando polas nosa avellas que cazan sen piedade exterminado os enxamios.

As trampas son moi sinxelas de construir, con botallas plásticas, e como líquido atrainte funcionan perfectamente a cervexa negra ou a sangría de brik que vende nos super. Quen queira trampas, tamén pode pasar polo Dapartameto de Medio Ambiente do Concello que lle entragaremos as trampas que queiran, feitas con botellas recicladas.