Nun comunicado de prensa remitido os medios, José Cuevas, vocerios de Nigrán Decide asegura que, «a veciñanza de Nigrán afectada pola regularización catastral está recibindo cartas para que abone o IBI dos últimos catro anos non prescritos, a pesar de que o actual alcalde de Nigrán asegurou á prensa no ano 2016 que ao goberno municipal «nin se lle pasa pola cabeza» requirir o abono dos últimos catro anos. Non sabemos se esas declaracións as fixo no seu día por ignorancia ou con ánimo de enganar á veciñanza, pero en todo caso poñen de manifesto a escasa credibilidade do que pode dicir este goberno municipal».
«O goberno de Nigrán podería ter optado por cobrar unicamente cada ano dous recibos, o recibo anual normal e o do ano que prescribía. Por exemplo, este ano o do 2018 e do 2014 e o ano que ven os recibos dos anos 2019 e 2015. Desta forma, as persoas afectadas pola regularización catastral, regularizarían a súa situación coa facenda local en 4 anos, sen ter que pagar intereses polos aprazamentos da posta ao cobro dos recibos», sinala Cuevas.
«Hai que lembrar«, indica, «que sexa a iniciativa do Concello ou do ORAL, organismo dependente da Deputación, o Alcalde ten responsabilidades nas dúas institucións, polo que sería máis fácil negociar esta posibilidade».
«Segundo os datos dos que dispón NIgrán decide, estimamos que o cobro destes 4 recibos atrasados van supoñer para o Concello de Nigrán uns aumento de ingresos de 600.000 euros, que en ano preelectoral son fundamentais para facer inaguracións antes das eleccións«, finaliza Cuevas.