Nigrán Decide votará en contra da proposta de prezos públicos para actividades culturais e deportivas por continuar a política de bonificacións fiscais existente até agora. A proposta do equipo de goberno, establece uns prezos maiores que o ano pasado, xa que ese ano as escolas non puideron empezar nas datas habituais, para axustar os prezos a menor duración das actividades, establecendo unicamente dúas bonificacións, unha de carácter xeral para toda a veciñanza de Nigrán e outra para as familias numerosas.
Con estas bonificacións non se ten en conta para nada os ingresos, nin outras circunstancias persoal, como pode ser estar no desemprego.
Unha persoa desempregada sen ningún tipo de subsidio ou prestación non ten dereito a bonificación, mentres que unha familia numerosas ten dereito, independentemente dos ingresos que teña, sinala José Cuevas, voceiro de Nigrán Decide, para rematar sinalando que da a impresión que ao PSOE lle valen as bonificacións fiscais existentes nas ordenanzas fiscais de Nigrán, moitas delas inxustas, xa que van varias as ocasións en que se lle pediu ao Goberno Municipal que faga unha proposta para modificalas, limitándose o goberno municipal a dicir que non lle deu tempo desde hai mais dun ano.
Nesta ordenanza tiña que estar prevista a devolución parcial en caso de que a duración das actividades non fora a prevista.
Con relación á ordenanza destes prezos públicos, Nigrán Decide, considera que debería estar prevista a devolución parcial, no caso de que a duración das actividades sexa inferior á prevista, como aconteceu o ano pasado onde para algunha actividade que foi inferior a do resto das actividades, pero sen embargo pagaron igual que todas.
A persoas empadroadas en Nigrán que opten pola bonificación prevista por ese motivo van a ter que realizar un trámite burocrático innecesario para poder pagar o mesmo que o ano pasado.
Ademais, a proposta crea un trámite burocrático innecesario para a veciñanza de Nigrán, ao esixirlle que acredite a condición de empadroado xunto coa solicitude, para ter dereito a bonificación prevista as persoas empadroadas.
Non parece de sentido común solicitar no Concello un certificado ou un volante de empadroamento, para presentalo despois no Concello coa solicitude. De feito para nos cursos orientados a persoas desempregadas de Nigrán, na solicitude non se esixe acreditar a condición de estar empadroado, sendo suficiente con autorizar a comprobación desta circunstancia no padrón.