Archivo

O BNG presentou unha serie de medidas ao Pleno do Concello da Guarda para combater a crise social e económica provocada polo covid-19 «que foron aprobadas no mes de maio».

Entre as medidas aprobadas está a bonificación das taxas do lixo e auga para todas aquelas familias cunha renda per cápita inferior ao IPREM (537,48 € mensuais).

Tamén se acordou a redución proporcional aos recibos do lixo no período de cese de actividade motivada pola pandemia para autónomos e PEMES.

Anxo Baz, portavoz municipal do BNG manifesta “estas bonificacións serán de  aplicación  no ano 2021 e para eso é preciso modificar antes as  ordenanzas do lixo e da auga para que entren en vigor no próximo mes de xaneiro, polo que lembra que corresponde aprobar a modificación das ordenanzas co  tempo necesario para poderen ser aplicadas no 2021”.