Archivo

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar novas achegas por valor de 105.000 euros do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para que o concello de Tui realice melloras na pista polideportiva de Randufe.

Con esta achega, o Concello de Tui mellorará unha instalación que, na actualidade, debido ás súas características construtivas e á climatoloxía do lugar no que se localiza, sufre da formación de condensacións superficiais en diferentes zonas, chegando a impedir incluso a utilización do pavillón por parte dos escolares.

Para arranxar estas deficiencias, o proxecto contempla o cambio da cuberta da pista deportiva e a substitución de parte dos elementos existentes na fachada por unhas rexiñas que permitan realizar unha ventilación natural do espazo.