Bases e convocatoria para a concesión de subvencións municipais ás comunidades de usuarios de augas de consumo do concello de Tomiño para a realización de melloras das instalacións durante o ano 2018.

Artigo 1. Obxecto Da Convocatoria:

A presente convocatoria ten por finalidade apoiar e promover, en réxime de concorrencia competitiva, a concesión de subvencións entre as Comunidades de usuarios de auga de consumo que presten servizos no ámbito municipal do Concello de Tomiño, que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria específica de subvencións, e que teñan previsto desenvolver proxectos durante o ano 2018 que redunden na mellora do servizo.

1.1.—Con cargo ás correspondentes dotacións orzamentarias, o obxecto das axudas e subvencións comprenderá adquisición de materiais, man de obra ou equipamentos, asociados a melloras nas seguintes áreas de actuación:
• Sistemas de captación de auga (fontes e pozos e o seu entorno).
• Sistemas de almacenamento e potabilización (depósitos e o seu entorno, filtración, decantación, cloración).
• Sistemas de distribución (extensión ou mellora nas redes de distribución).

O texto completo das bases e o formulario para solicitar as axudas, poden descargarse na páxina web do Concello de Tomiño.