La Plaza de O Seixo y el Concello de Tomiño.
ALFREDO

Ao abeiro da subvención concedida pola Deputación de Pontevedra no marco do Plan Concellos 2019, Liña 3, “Emprego para conservación de bens e servizos municipais”, o Concello de Tomiño, vén de contratar 24 novos/as traballadores/as, por importe de 239.771,30€. A achega municipal ao nomeado plan ascende a 5.845,54 €.

Concretamente, contratáronse dúas técnicas administrativas, unha enxeñeira técnica forestal, dous electricistas, un carpinteiro, doce peóns de xardinería, unha educadora social, un albanel, un peón da construción, un mecánico de mantemento e reparación de automoción, un condutor-operador de retroescavadora e un soldador especialista de estruturas metálicas lixeiras.