BANCO ALIMENTOS
ALFREDO

O Concello de Tomiño organiza, a través do Servizo de Orientación Laboral, un novo curso de «caixeiro – repoñedor» de 40 horas de duración, 30 delas prácticas non remuneradas.

A acción formativa, sen custe para os participantes e 20 prazas dispoñibles, comezará o día 27 de maio próximo. O prazo para inscribirse comeza hoxe, 13 de maio, e remata o 16 de maio ás 12.00 horas.

As persoas interesadas deberán enviar un correo electrónico ao seguinte enderezo: ana.sanchez@tomino.gal, indicando no asunto do correo: «Curso de «caixeiro-repoñedor», e facendo constar no corpo da mensaxe os seguintes datos: nome a apelidos, DNI, enderezo completo (con localidade e provincia), teléfono, data de nacemento, nivel de estudos e enderezo electrónico.

A parte teórica desenvolverase os días 27 e 28 de maio, de 16.30 a 21.30 horas. As prácticas (non remuneradas) serán a partir do 28 de maio en supermercados do Baixo Miño e, posiblemente, algún de Vigo.

O Centro de Formación O Regatiño, de Goián, será a sede deste novo curso, impartido por Academia Elisa. Coma requisitos do mesmo, pídese que as persoas anotadas estean, preferentemente, empadroadas en Tomiño e desempregadas.

Asemade, valorarase estar en posesión do Título da ESO, mais non é obrigatorio. Terán preferencia as persoas que quedaron en lista de espera na edición anterior do curso, celebrada en decembro do ano pasado.