ALFREDO

Un total de 12 empresas presentaron as súas ofertas para executar as obras dunha nova senda peonil e ciclista na zona de santa ma, no Concello de Baiona, cun investimento de máis de 540.000 euros.

O proxecto define o acondicionamento da contorna na zona de Santa Marta, na estrada PO- 552, entre os puntos quilométricos 15+050 e 15+300, e a substitución dunha pasarela, que por mor das condicións meteorolóxicas ten sufrido danos en diversas ocasións. As obras teñen un prazo de execución de 3 meses desde o inicio das mesmas.

Na intervención se prevé a colocación dunha nova pasarela de madeira de 4,5 metros, fronte aos 3 actuais, e nos 60 metros anteriores á pasarela está previsto una lixeira ampliación do ancho existente ata os 4,5 metros, aproveitando una parte da zona axardinada. Tamén se ensanchará a zona destinada ao tránsito peonil e habilitarase unha banda diferenciada de 2 metros para a circulación de ciclistas.

Xa no último tramo, na transición entre a pasarela e o paseo actual, a zona destinada á circulación de ciclistas sinalarase cun tratamento superficial, co obxectivo de diferenciala da correspondente ao tránsito.

Esta nova actuación no Concello de Baiona se enmarca dentro das actuacións do departamento de Infraestruturas da Xunta co fin de promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo que os usuarios poidan facer os seus desprazamentos cotiás andando ou en bici dun xeito mais seguro.

Esta intervención está financiada integramente con fondos propios da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, sendo un dos proxecto, seleccionado no “Estudo para fomento da mobilidade sostible: Sendas peonís e/ou ciclistas na comarca de Vigo” da Xunta.

A esta nova senda engadesen ás que está a executar o departamento de Infraestruturas na comarca de Vigo ao abeiro do Plan de Sendas de Galicia, cofinanciadas polo Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. En total a comarca de Vigo disporá de 12,5 quilómetros de novas sendas, cun orzamento que se achega aos 5 millóns de euros.