ALFREDO

O Concello de Nigrán colabora coa federación galega e española de petanca na celebración este fin de semana en Porto do Molle do ‘VII Campionato Galego de Dupletas Mixtas’.

O campionato, nun terreo adaptado fronte a ITV, bate record de participación con 60 equipos inscritos e un total de 123 deportistas de diferentes categorías, tanto masculina como feminina.

Ambas xornadas arrancarán ás 10:00 horas e ás 16:00 horas. Constará dunha primeira rolda co Sistema Suízo Internacional de 5 partidas, clasificándose os 32 primeiros equipos, que xogarán eliminatoria directa ata a final. Os clasificados do 33 ao 64 disputarán un torneo de consolación en eliminatoria directa ata a final. Haberá medallas para as 4 primeiras dupletas.