O Concello de Baiona, xunto coa Asociación de comerciantes e empresarios de Baiona (Aceba), organiza por cuarto ano consecutivo o “Sons do Casco” co obxectivo fundamental de dinamizar e desestacionalizar a oferta cultural e de ocio baionesa.

Esta ruta musical, que terá lugar o 14 e 15 de xuño no casco antigo baionés, leva consigo unha fin de semana repleta de música en directo no que participarán un total de 17 grupos musicais con diferentes estilos como o jazz, blues, funk, flamenco, DJ, rock, pop, etc. que buscarán encher de música as 9 prazas e rúas máis emblemáticas e senlleiras do casco histórico baionés como son: Padre Fernando, Ventura Misa, Diego Carmona, Lorenzo de la Carrera, Xogo da Bola, Praza Pedro de Castro, Xardíns do Museo da Navegación e na Praza Fonte de Zeta.