Este fin de semana celébrase na casa de cultura de Camos (Nigrán) o I Torneo Intermodal Nacional Femenino de Bolos.
O viernes farase a presentación do torneo e unha cea de confraternidade. O sábado e o domingo a propia competición en sí que comenzará ás 10:30 horas, para rematar na xornada dominical ca entrega de trofeos e galardóns as vencedoras, ao redor das 13:30 horas.
O obxetivo deste encontro e potenciar e desenvolver a práctica do xogo dos bolos nas súas distintas modalidades entre as mulleres.
Participarán 36 xogadoras, técnicas tituladas nas distintas modalidades e delegadas de bolos das comunidades de Andalucía, Asturias, Castela e León, Galicia e País Vasco.
As actividades a desenvolver serán a práctica e coñecemento das modalidades de bolos das distintas rexións, ademais do intercambio de experiencias entre as modalidades.