O BNG da Guarda convoca un acto no local da Comunidade de Montes de Camposancos o próximo xoves día 20 ás 20:30 horas para dar a coñecer a situación actual de proliferación dos parques eólicos en Galicia.
Baixo o lema, “Nin expolio dos nosos recursos, nin degradación do noso territorio”, o BNG reforzará a súa posición de apoio a unha “enerxía eólica sustentábel, xusta e galega”.
Neste acto participará o Portavoz Municipal do BNG Anxo Baz e o Deputado no Parlamento Galego Luís Bará que é membro no Parlamento da Comisión de Ordenación do territorio, Obras Públicas e Medio Ambiente.
O acto contará coas medidas de seguridade propias da situación de pandemia.
