O BNG chama a asistir á mobilización contra a estafa da luz convocada pola Confederación Intersindical Galega o vindeiro Domingo día 19 de setembro ás 12:00 horas na Guarda, na Praza Avelino Vicente (As de Copas).
A CIG convoca mobilizacións na Guarda baixo o lema “Non á estafa da luz, Recuperación das Centrais Hidroeléctricas, Tarifa Eléctrica Galega”. O BNG chama a asistir ás mobilizacións e adianta que continuará na comarca coa campaña iniciada a comezos deste verán perante a escandalosa suba do recibo da luz.
Esta campaña levará, de novo, mesas de recollida de sinaturas a todas as localidades do Baixo Miño en favor dunha tarifa eléctrica galega. Despois de entregar o 21 de xullo 23.610 sinaturas no rexistro da Xunta, o BNG entende que aínda queda moita indignación que canalizar en forma de sinaturas sabendo das últimas e imparables subidas.
Desde a organización nacionalista afirman que “a mobilización é máis necesaria que nunca nomeadamente após o voto en contra do Partido Popular e Partido Socialista na proposta do BNG para baixar a factura da luz”.
