Dende o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Tomiño, lanza unha campaña para que os comercios da vila utilicen un papel de agasallo con palabras en galego.

Con esta finalidade, o servizo procedeu á entrega de resmas de papel ás casas comerciais que venden produtos susceptibles de agasallar.

O deseño baséase en palabras en galego cun denominador común: sentimentos ou sensacións positivas que poden provocar un agasallo, tales coma gratitude, ledicia, ánimo, simpatía, sorriso, tenrura ou benquerer, entre moitas outras.

A campaña o que pretende, evidentemente, é fomentar o uso do galego. Anteriormente fixemos outra con adhesivos e este ano cambiámola polas resmas de papel”, explica Ani Fernández Carrera, concelleira de Cultura e Normalización Lingüística.