O Bloque Nacionalista Galego en Baiona considera a xestión pública directa da administración e dos servizos públicos como «a fórmula que mellor garante o funcionamento de calidade e interese público da veciñanza».
A problemática da xestión municipal dos servizos públicos non son as traballadoras e os traballadores «son as Leis do Estado que implantou o Partido Popular no goberno de M.Rajoy, nomeadamente a chamada “Lei Montoro”, que impide e/ou limita á contratación de emprego público destinado á creación, reforzo e ampliación de servizos públicos locais».
«Esta lexislación obriga ao noso Concello a un elevado gasto municipal para contratar empresas privadas que dean o servizo público», sinalan desde o BNG se Baiona.
Estes concursos e licitacións teñen que ser por servizos determinados e puntuais
o que encarece o seu custe. Ademais do tempo de traballo que supón os traballadores do Concello para preparar os pregos de condicións, contratacións, etc…
O B.N.G. de Baiona aposta e considera como solución para mellorar os servizos públicos municipais «a derogación das Leis estatais que impiden a contratación de persoal para poder dar un servizo público municipal e de calidade».
«Xa que logo, solicitamos ao actual goberno do Estado que de xeito urxente derogue a “Lei Montoro” porque non favorece os intereses dos Baioneses«, rematan.
