Os nacionalistas organizan, no Centro Goianés de Tomiño o venres 9 ás 20:30 horas, o acto homenaxe á militancia histórica da formación nacionalista na comarca.

No acto intervirán Xosé Manuel Méndez e Santos Rodríguez, dous dos militantes históricos da comarca e Sandra González, alcaldesa de Tomiño.

A maiores, Rubén Cela, presidente da Fundación Galiza Sempre e membro do Consello Nacional do BNG falará do libro “40 anos ao servizo da Galiza. BNG, 1982-2022” no que se recollen episodios como o encarceramento no 89 de Francisco Rodríguez pasando pola revolta de Allariz protagonizada por Anxo Quintana até a década de reflexión que se abriu tras Amio en 2012 e o novo teito electoral en escanos das eleccións de 2020. Na obra recóllense tamén imaxes históricas, algunhas delas inéditas.