Las últimas inundaciones de los ríos Miñor y Zamáns volvieron a abrir el debate sobre la necesidad urgente de la recuperación del viejo puente de Mañufe para ponerlo en valor y, sobre todo, para evitar que acabe derribado después de las múltiples agresiones que lleva sufriendo, mayormente, en los últimos 50 años.
«O último anuncio neste sentido foi realizado hai 15 días a golpe de titular mediático polo Sr. Ferreira. Pois ben, como el mesmo di o proxecto de recuperación da Ponte Románica de Mañufe e da súa contorna está feito e valorado polo Arquitecto gondomareño Antonio Soliño. Persoa estudosa e comprometida con todo o que ten que ver coa recuperación e defensa do noso Patrimonio Histórico. Oxalá lle fixeran máis caso!!…. Iso si, o que non di o Sr. Ferreira é que ese proxecto leva varios anos durmindo nalgún caixón do seu despacho e, casualmente, a cen días das eleccións municipais decide rescatalo coma que acaba de descubrir o Santo Grial«, apunta Antonio Araújo de Manifesto Miñor.
«Para MM vai sendo hora de que as promesas e os anuncios nos medios de comunicación que as máis das veces as autoridades municipais, e os políticos en xeral fan cunha indisimulada intencionalidade electoral, comecen a ser cumpridas, sobre todo cando afectan a cuestións de tanta importancia como é o caso. Cómpre ir tomando acordos ao respecto no máximo órgano de representación municipal como é o Pleno da Corporación, e en consecuencia ir sustanciando o que se promete«, señala Araújo.
«Dende MM coidamos que xa non procede seguir xogando coas expectativas e as necesidades da veciñanza, é dicir, calquera proposta de restauración ou recuperación integral da Ponte de Mañufe e da súa contorna, pasa necesariamente pola construción dunha nova ponte cos correspondentes accesos á parroquia pensados para o S. XXI e non para o S.XII como acontece na actualidade. Senón se ten isto en conta todo o demais é papel mollado«, afirma.
Por este motivo, y para comenzar a dar pasos que sustancien las propuestas o los anuncios realizados públicamente por el Sr. Alcalde, MM viene de presentar al pleno de este mes de febrero una moción en la que solicitan:
“O Pleno da Corporación Municipal de Gondomar acorda iniciar as xestións necesarias diante dos diferentes organismos con competencias no asunto: Deputación Provincial na súa condición de titular da estrada que pasa porriba da Ponte de Mañufe; Xunta de Galicia por ser competencias súas tanto o referido Patrimonio Histórico como ás actuacións nos ríos; Goberno do Estado, etc, co obxecto de obter financiamento, autorizacións, redacción de proxecto, etc, así como darlle as instrucións pertinentes aos técnicos do Concello para que procedan a estudar a mellor localización da nova ponte sobre o río Miñor e os devanditos accesos”.
