O BNG da Guarda considera «un engano a sociedade guardesa a oferta electoral dun Complexo Deportivo Multidisciplinar entre a zona da Sangriña e a Parroquia de Salcidos feita polo PP».

Os nacionalistas aseguran que «as infografías que acompañan a súa promesa electoral pertencen a dous proxectos presentados, un deles na cidade de Selva en Arxentina e outro ao Complejo Deportivo Los Andes 2 en Panamá».

«A falta de criterio e de capacidade amosada polo PP da Guarda durante todo o mandato acadan neste momento cotas de auténtica ridiculez con promesas electorais disparatadas e fóra da realidade, que o único que pretenden é enganar a sociedade», explican dende o BNG.

«Dende o BNG continuamos traballando para poñer en marcha un proxecto de pobo que dea solución as necesidades reais da cidadanía guardesa que son moitas», finalizan.