Carlos Gómez Prado, candidato socialista á alcaldía de Baiona, lembra que “este ano, a partida municipal para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) é de 840.000 euros, o triplo que en 2019”.

Prado asegura que “o paraugas social posto en marcha neste mandato é inédito na vila, pero aumentará no próximo mandato se obtemos a confianza dos veciños o 28 de maio”.

Pechamos o ano 2022 con máis de 6.000 atencións rexistradas nos Servizos Sociais, e cos orzamentos deste ano aprobamos o maior paraugas social da historia de Baiona, da man do tecido asociativo e do terceiro sector da nosa vila”, afirma o candidato á reelección.

Potenciaranse tamén proxectos como ‘Vincúlate’ e manteranse os convenios de colaboración co terceiro sector de Baiona para diferentes iniciativas (Afaga, Avelaíña, centro Juan María ou Asociación Española contra o Cancro).

Deixamos atrás esa concep­ción dos Servizos Sociais como algo semellante á beneficencia ou á caridade. Non, son cousas diferentes, os Servizos Sociais son un dereito dos veciños, un dereito protexido pola lei para darlle asistencia desde as admi­nistracións ás persoas que o ne­cesitan”, remata Gómez Prado.