O GALP da Ría de Vigo – A Guarda impartirá dende mañá unha serie de charlas dirixidas ao alumnado da ESO para ofrecerlles una visión profesional do sector do mar, informándolles sobre as oportunidades e nichos de emprego existentes neste mercado.

As charlas se impartirán dende un punto de vista técnico e profesional, e a través das mesmas se darán a coñecer as saídas profesionais no sector do mar, poranse en valor os postos de traballo neste ámbito laboral, achegarase información sobre cómo e ónde conseguir os carnés ou títulos para acceder a un posto/oficio no sector da pesca ou marisqueo, e potenciarase o coñecemento do GALP Ría de Vigo – A Guarda e as súas funcións no territorio, colaborando coas administracións locais na mellora das competencias da poboación.

As sesións se desenvolverán entre os días 7 e 24 de maio, seguindo este calendario:

IES DATA
IES Escolas Proval (Nigrán) 7 de maio de 12.50 a 14.30 h
IES Primeiro de marzo (Baiona) 13 de maio ás 13.10 h

 

Para  máis información, pódese contactar co GALP na Avenida de Beiramar, 49, Vigo (Pontevedra), no correo galp.mar.riadevigoaguarda@xunta.gal ou telefonicamente nos números: 986 358 109/646 873 106.