O pasado 17 de maio, Día das Letras Galegas, nacía un novo medio dixital feito en Galicia e en galego.
Fútbolingalicia chega para ser un lugar de referencia do fútbol afeccionado e feminino no xornalismo dixital. Ofrece un contido exclusivo e de calidade diario con entrevistas, reportaxes e novas de interese sobre o fútbol feminino galego e as categorías masculinas desde a Segunda RFEF á Primeira Galicia.
Un dos seus obxectivos é o de apoiar o fútbol afeccionado e feminino das catro provincias galegas.
Para iso, o equipo de redactores confórmano un grupo de cinco xornalistas con experiencia a pesar da súa curta idade: Carlos Julio González, Ángel Martínez, Marcos Fernández, Santi Real e a guardesa Carla Vizoso.
Redes sociais:
