Roi Casal

A Deputación de Pontevedra financia a través do programa “+Música” as actuacións musicais do vindeiro xoves, 25 de xullo, Día de Galicia, en Baiona e O Rosal. Deste xeito, Roi Casal soará ás 22:30 horas na Praza do Concello de Baiona, e as Fillas de Cassandra na Praza do Calvario do Rosal 21:30 horas.

Roi Casal, un dos grandes expoñentes da música galega actual a nivel internacional, presentará en Baiona “Ambos Mundos”, a súa nova xira na que porá sobre o escenario as súas producións en Estados Unidos xunto cos seus grandes éxitos.

No Rosal, as Fillas de Cassandra, integrado por María SOA e Sara Faro, presentan pezas do seu repertorio, que aposta pola recuperación das melodías tradicionais e a creación de novas líricas inspiradas no canto de tradición oral con influenzas do pop, a electrónica e música clásica.