A Deputación de Pontevedra financia a través do programa “+Música” unha actuación musical este sábado, 27 de xullo, en Tomiño. Deste xeito, a música de Dakidarría soará ás 22.30 horas na Praza do Seixo.
Dakidarría é unha das bandas referentes nos festivais musicais galegos que conta cun gran número de seguidores. Tras vinte anos de historia, celebrados en 2023 cun concerto de máis de 2 horas en Revenidas, Dakidarría é un dos grupos consolidados no panorama musical, tanto no noso país como máis alá das súas fronteiras. Ofrecerá en Tomiño un show musical de hora e media no que fusionará diversos estilos musicais nunha posta en escena espectacular.

