Montserrat Martí Caballé y Simona Todaro Pavarotti

A Deputación de Pontevedra colabora neste mes de agosto con OperaConcert para traer á provincia de Pontevedra o espectáculo lírico “Querida Montserrat, Querido Luciano”, unha homenaxe a estes dous artistas na que participan Montserrat Martí Caballé, filla da famosa soprano española, e Simona Todaro Pavarotti, neta do tenor italiano.

Una das citas terá lugar o 21 de agosto, ás 21:00 horas na Praza da Concello do Porriño. Desta maneira, os espectáculos permitirán poñer en convivencia a música de ópera co patrimonio da provincia, e todos eles son con entrada libre ata completar aforo.

É a primeira vez na historia da música que se lle rende unha homenaxe a estes dous grandes cantantes, un italiano e unha española unidos polo canto, cuxas voces resoaron nos mellores teatros do mundo, desde Sídney ata Roma, desde París a Nova York. No espectáculo que chega agora á provincia de Pontevedra tamén participan o barítono Luis Santana, a soprano lixeira María Dolores Crespo Abuín e o pianista Víctor Carbajo.

O espectáculo que se poderá gozar no Porriño inclúe un repertorio da canción e a ópera italiana en recordo de Luciano Pavarotti, así como arias de ópera, canción española e zarzuela por Montserrat Caballé, con títulos como “O mío babbino caro”, “Ave María”, “’O Sole Mio” ou “Nessun Dorma”, entre outras.