A Deputación de Pontevedra leva este xoves 26 de decembro ás 18:00 horas o circuíto +Escénicas á praza do Concello de Baiona coa peza de teatro para toda a familia “Cirkote” de Kote Malabar.
Esta peza enmárcanse no novo circuíto da institución provincial que está a espallar unha completa programación de teatro e danza en 49 concellos da provincia ata marzo de 2025, cun orzamento de 150.000 euros.
“Cirkote” ofrece un espectáculo que combina técnicas de circo, clown e teatro cómico e de participación, nunha relación directa actor-público a través dun espectáculo no que pode acontecer de todo e no que pode que ata o espectador remate sendo a estrela da función.
Co circuíto +Escénicas, a Deputación busca dar resposta á demanda que o sector profesional vén facendo desde fai máis de 15 anos. A cada concello correspóndelle unha achega máxima de 3.400 euros para financiar os espectáculos propostos, incluídos nun amplo catálogo de espectáculos de danza e teatro posto á súa disposición e dispoñible no sitio web da Deputación de Pontevedra.

