ALFREDO

O BNG de Gondomar chama á participación na manifestación nacional convocada pola Plataforma Un monte galego con futuro para este domingo 14 de setembro para esixir medidas que eviten outra vaga de lumes como a vivida neste verán na Galiza e para reclamar un plan de choque con axudas urxentes para as persoas e as zonas afectadas polos incendios .

A mobilización sairá ás 12h da Alameda de Compostela e para facilitar o desprazamento hai servizo de autobús con saídas ás 9:45h da Ramallosa (Nigrán), e paradas en Vigo ás 10:15h e en Chapela (Redondela) ás 10:30h.

A viaxe ten un custe de 5€ e o teléfono para reserva de prazas é o 986 447 300.

Desde o BNG animan á veciñanza do Val Miñor a encher as rúas de Santiago para “lle dicir alto e claro ao Partido Popular que outra política forestal é posíbel. Que queremos unha Galiza libre de incendios, que queremos un monte limpo, multifuncional e con futuro e que se apoie a vida no noso medio rural”.