Sthela e David do PSdeG-PSOE Porriño

O Grupo Municipal Socialista porriñés advirte «do rumbo económico e cultural caótico do goberno de Alejandro Lorenzo. Só nas Festas do Cristo o gasto xa ascende a 263.000 €, cifra á que hai que sumar Porrigalia e San Bieito, superando previsiblemente o medio millón de euros nun só trimestre. Un récord histórico que contradice a súa proposta do ano 2018, cando defendía recortar a partida de festas de 500.000 a 300.000 € anuais».

O portavoz socialista, David Alonso, afirma que “non estamos en contra das festas. Pero é intolerable gastar centos de miles de euros sen planificación, con provedores alleos, sen atraccións, sen transparencia, sen orzamentos, con máis débeda e menos gasto social. Alejandro Lorenzo está levando ao Porriño a un auténtico hara kiri financeiro. Fronte ao pan e circo, o PSOE defende responsabilidade, cultura de verdade e servizos públicos de calidade” e matiza que unha «hipocrisía en estado puro: quen predicaba austeridade, hoxe entrega cheques en branco ao dispendio festivo».

Din os socialistas que aínda é máis grave o Festival Louro Valley, «que se celebrou adxudicando as barras sen bases públicas, privando aos hostaleiros locais de competir en igualdade, mentres os nenos do Porriño quedaron un ano máis sen atraccións, curiosamente abertas en concellos veciños gobernados polo PP».

Aseguran que en 2018 o Concello dispoñía de 14 millóns de remanente e «hoxe apenas queda 1,5 millóns«. «A diferenza é clara: antes había aforro, hoxe hai malgasto e repetición de programas sen variedade, con provedores de fóra e nulo apoio á cultura local».

Insisten en que «seguimos sen orzamento de 2025. A maquinaria municipal funciona a base de transferencias de crédito improvisadas e contratos irregulares, en contra da Lei de Contratos».

Exemplos concretos (segundo o PSOE):

  • Convenios mal tramitados con
  • Facturas incorporadas ás
  • 000 € con reparos en 2024 (gasolina, luz, carpas e 172.000 € en xardíns sen contrato).
  • Mesmo servizos de emerxencia contratados con procedementos ilegais segundo Intervención.

Afirman que o alcalde, «que no pasado xudicializou estes mesmos gastos e pediu un préstamo para pagalos, agora levanta reparos e aboa facturas, incluídas as dos seus propios repostaxes de gasolina». E como mostra de improvisación, -din- «anuncia unha sala de cine fóra do Auditorio, cando esa instalación municipal podería acoller perfectamente o servizo e duplicar capacidade, como xa demostrou o Festival de Cans. Un parche caro e innecesario».

Matizan que segundo o Consello de Contas, O Porriño é hoxe o concello galego que «máis aumentou a débeda no último ano e ocupa o posto 222 de 313 en gasto social por habitante». A maiores, continúan sen resolver:

  • A débeda da auga de Vigo (6 M€).
  • A débeda coa Comunidade de Montes de
  • A cofinanciación do convenio con ADIF (8 M€) para a humanización do enlosado.