Nun comunicado de prensa, os Bombeiros Forestais do SPIF (Servizo de prevención e extinción dos incendios forestais de Galicia) «debemos e queremos» facer un chamamento aos medios de comunicación en particular e ao conxunto da sociedade, para alertar «das moi malas previsións sobre o risco incendios para calquera dos vindeiros veráns na moi poboada franxa atlántica».
En primeiro lugar as condicións espaciais:
- Todo o espectro territorial da coñecida “franxa atlántica” e no entorno que vertebra a AP-9 coas ramificacións, comprende unha área densamente poboada, que se multiplica exponencialmente nos meses de verán. Non décimos nada novo cando falamos das múltiples eivas que podemos atopar no desorde urbanístico concretamente no tocante as vertebración polas vías de comunicación. A importancia nas emerxencias de evitar os colapsos para as evacuacións de poboación en perigo e fluidez de paso para os servizos de emerxencias son cruciais.
- A inmensidade na continuidade forestal arborada é descomunal. Por riba as tradicionais especies asentadas no territorio son de carácter pirófito (eucaliptos e piñeiros) invadindo todo tanto nas inmensas extensións dos montes xestionados ou non , queimados anteriormente e desmadrados coma colonizadores moi invasivos así como no espazos antes cultivados e hoxe abandonados que invaden, empeora gravemente a situación O raquitismo de espazos en mosaico como barreira aos lumes saltan a vista e que xera unha escasa agricultura de contención aquí.
Segundo as condicións meteorolóxicas:
- As características climáticas desta área con invernos con abondosas precipitacións e temperaturas suaves favorecen a exuberante masa forestal arborada ou en forma de matogueira. Os veráns aquí, son en xeral cálidos e con certa aridez estival e tendente a mediterranización en zonas e cando estas se prolongan semanas poden producir o vivido aquí este verán por sorte dun xeito puntual. Pero episodios recentes atrás debe facernos reflexionar coma os apocalípticos 2006 e o 2017 obriga a estar en garda, o quecemento climático o está a condicionar todo.
Resulta ser un segredo a voces tanto do eido científico relacionado cos incendios forestais, os diversos estudos encargados e feitos desde o servizo de extinción ou valoracións desde as CMVMC que o acontecido este verán en Ourense agardábase vir. Cunhas condicións meteorolóxicas extremas, a caída demográfica que xestione ese rural (no agrogandeiro ou forestal) para encarar a implicación necesaria e a caída xestión do territorio, e coas peregrinas e cosméticas políticas preventivas impulsadas desde a Consellería do Medio Rural, nun entorno cunha vexetación susceptible de consumirse nas lapas o estoupido incendiario estaba anunciado.
A concentración e extensión en tempo dos lumes en Ourense, porén, non deixaron ao resto de Galicia a marxe. Compre lembrar e non esquecer, que en xullo aqueles primeiros conatos en Chandebrito, Nigrán, Xián, en Gondomar. Logo foron medrando a lumes xa de certa entidade coma Meaño, A Caniza, A Picoña en Salceda de Caselas, Batalláns, en As Neves ou Corme, na Costa da Morte, que xa eran pronóstico para nos convencer. E noutro salto os lumes ameazaron Vilaboa e na mesma tarde en As Mariñas, Mougás, en Oia. Para finalizar (polo de agora en Lugo) cos acontecidos en Barreiros e finalmente en Pantón e Sober en pleno corazón da Ribeira Sacra. E isto non rematou.
Os Bombeiros Forestais vímonos sometidos a unha tremenda presión, sen descanso en todo o país, durante o groso da campaña de verán. Mais compre reseñar un novo paradigma na defensa contra os incendios ante o avance do verán. Concentramos a meirande parte dos esforzos a conter o lume para poder por a salvo as vidas humanas, os bens, as entidades poboacionais deixando as masas forestais a súa sorte. E así os incendios acadaron as mastodónticas dimensións. Ou te centras no monte ou nas vivendas e as prioridades son claras: persoas, bens e masas forestais. É noso ABC profesional.
Agora os incendios viraron a un problema de emerxencia civil e precisamos unha fonda revisión e potenciación do dispositivo para encarar este desafío. A dirección do SPIF (servizo de prevención contra os incendios forestais) levan anos relaxados e descoidando unha aposta máis decidida para esta urxente adaptación.
Cursos teórico/práctico impartidos nestes últimos anos si ben, nos dotaron de bos, amplos coñecementos e habilidades grazas tamén á abnegada implicación dos monitores son insuficientes. Avanzouse si grazas a dispoñibilidade e interese dos traballadores pero toca xa desde arriba, desde os mandos intermedios e superiores na Dirección Xeral en particular e na Consellería de Medio Rural impulsar e reforzar exponencialmente o aprendido.
A efectos prácticos este verán comprobouse nosa valía sobre o terreo pero as casuísticas foron diversas e houbo que tomar moitas decisións en tempo real, analizando en quente, cunha consulta de urxencia e a conseguinte autorización as presas dos mandos. Tomando as veces decisións arriscadas que nas máis acertas pero tamén recoñecer que noutras fracasas. Non contar con todos os actuais efectivos, os presentes profesionais de campo no SPIF abocará a Xunta de Galicia a cometer un erro tremendo de consecuencias desastrosas.
Segunda parte:
Para complementar e reforzar todo o anterior
Levamos un verán infernal que aínda non rematou e no que aínda hai pouco, varios compañeiros/as sufriron graves accidentes laborais derivado da nosa actividade contra o lume coma o atrapamento no incendio de Barreiros na Mariña lucense e o accidente dun motombista en Muíños no Xurés que sumados ao atrapamento de varios no lume de Oímbra. Non se pode seguir a xogar coa sorte e baixo todo o isto atópase a doenza da precariedade laboral no sector. E compre lembrar un longo etcétera que sufrimos e pasamos a relatar:
- As deficiencias aparecidas nos deseños dos EPIs: chaqueta, pantalóns e camiseta non válidos en partes para soportar temperaturas A máscara incompatible co uso do casco cando debes facer uso de ambos. Debemos esixir a máis rápida renovación do mesmo e unha maior dilixencia nestas contratacións.
- A non cobertura das prazas previstas en tempo, senón por riba en plena vaga incendiaria, armouse un patético espectáculo político entre administracións de distinto signo.
- O lanzamento do último proceso selectivo en plena vaga Pensamos que compre a apertura puntual dunha extraordinaria mesa de negociación entre as OOSS e a administración para revisar e corrixir cousas coma considerar o tempo de inactividade e buscar a fórmula de valorar máis o tempo no SPIF.
- Sobre o anterior conviría ao mellor dilatar no tempo lanzar este Resolver os anteriores e aprender dos erros para non volver repetir en futuros.
- Motobombas avariadas ou sen persoal.
- Enlazando con todo o anterior, a sobreactuación de sobrevalorar o papel da UME en detrimento do resto do servizos público de Bombeiros Forestais en particular o SPIF. Non se abre nin se destaca nos informativos en xeral a relevancia que debían ter os traballadores da Xunta, o SPIF.
- A discriminación xerada desde a administración no mesmo SPIF entre funcionarios e laborais. Coma o tope de 10 horas para os funcionarios nos incendios, salvo en situación 2 e a non compensación dos domingos e festivos aos laborais. Mesmo traballo mesmas condicións.
- Empezar a reclamar seriamente unha mellora salarial digna aos O exemplo da suba dun 30 % a Tragsa en Madrid apunta ben coma modelo a considerar ou a estimación dos coeficientes redutores e a segunda actividade.
- Artellar a fórmula para integrar as brigadas municipais no SPIF. Mesmo traballo, insistimos, igualdade de condicións.
- Esixir a Xunta de Galicia que inste dunha vez por todas ao partido político que o sostén no poder executivo (Partido Popular) a expulsión fulminante da formación da secretaría local do Barco de Valdeorras. As infames declaracións vertidas aos traballadores máis precarios do seu Servizo de extinción é un insulto frontal a toda unha institución como a consellerías do Medio Rural e o Non facelo e denigrar a máxima institución galega (á Xunta de Galicia no seu conxunto e a quen di representar: a cidadanía galega) pouco menos que acusándoa de encubridora de delincuentes.
Co denominador común de demandar o merecido respecto, a igualdade laboral e prestixiar a nosa condición de Bombeiro Forestal. Ese entendemos é o camiño correcto a seguir. Chamamos a considerar todo o anterior coma unha reflexión de punto de partida pero sen dilacións. Existen ameazas veladas de querer facer políticas regresivas que viren en todo o avanzado e compre tomar boa nota. Ser intelixentes e audaces e estar a altura dos tempos para poder blindar resumidamente as condicións de todos os traballadores/as do Servizo.
