A poetisa Rosalía de Castro

O Concello de Gondomar preparou unha programación especial para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, unha das poetisas máis emblemáticas da literatura galega.

As celebracións comezarán o venres 27 de febreiro, ás 11:30 horas, na Praza de Rosalía de Castro, onde o alumnado do IES Augas da Laxe e do IES Terra de Turonio se encargará da lectura de poemas da autora, permitindo que a súa poesía siga chegando a novas xeracións.

Para completar o programa, terá lugar o concerto “Canta Rosalía”, a cargo de Ialma e Antonio Barros, un espectáculo musical que homenaxea a obra da poeta e ofrece unha experiencia emotiva e enriquecedora para todo o público.