O BNG de Gondomar prosigue coa súa rolda de encontros abertos a toda a veciñanza. Esta nova cita será en Borreiros, o vindeiro mércores, 8 de xullo ás 20h no Centro Cultural e Veciñal da parroquia.
Estas reunións de proximidade pretenden ser unha oportunidade para dar conta do traballo feito polo BNG nos últimos meses, responder preguntas ou dúbidas da veciñanza, escoitar as súas propostas, demandas, críticas; un espazo de diálogo e intercambio de ideas.
O encontro está aberto a todos aqueles temas que a propia veciñanza queira trasladar, co propósito de identificar necesidades concretas referidas á parroquia ou ao concello. Desde o saneamento, a seguridade viaria ou os servizos de conciliación familiar, pasando pola sanidade, o transporte ou oferta cultural.
Desde o BNG animan a veciñas e veciños a participar activamente desta xuntanza onde se recollerán propostas e conclusións que servirán de base para a elaboración de iniciativas para presentar no Concello, na Deputación ou no Parlamento Galego.
