O Bloque Nacionalista Galego de Nigrán organiza este sábado 14 de novembro, ás 19:00 horas, un acto público aberto no Auditorio do CRC O Torreiro de Priegue, dentro da campaña das eleccións xerais de 2026.
Baixo o lema «Galiza, dereitos, vida digna. Agora con máis forza!», a formación nacionalista convida a veciñanza a coñecer as súas propostas para defender os dereitos e unha vida digna para a poboación galega.
No acto intervirán Xavier Rodríguez, portavoz municipal do BNG de Nigrán, María Obelleiro Álvaro Lamas, números 3 e 4 respectivamente da candidatura por Pontevedra.
O acto é aberto a toda a cidadanía.
