O BNG abre en Baiona a súa campaña das eleccións xerais no Val de Miñor coa celebración dun mitin hoxe, venres 13, ás 20:00 horas no Multiúsos de Sabarís.

O acto estará presentado polo portavoz municipal do BNG en Baiona, Iago Pereira, e nel participarán a que será candidata á Alcaldía nas municipais de 2027, Yasmina Moreira, e o candidato ao Congreso polo BNG Roberto Pascual.

Dende o BNG de Baiona convidan á veciñanza a se achegar a este acto en que, baixo o lema «Galiza. Dereitos. Vida Digna. Agora con máis forza!», falarán das principais propostas e compromisos para as eleccións xerais do 29N do Bloque, e chamarán a concentrar o voto no BNG como garantía da defensa da Galiza e dos dereitos sociais e democráticos.