Dentro do calendario de actos da campaña das eleccións ás cortes xerais do Estado, o BNG celebrará un acto público mañá, domingo 22 de novembro, ás doce da mañá no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.
No acto intervirá Manuela Rodríguez, portavoz municipal do BNG en Gondomar, xunto con María Obelleiro e Álvaro Lamas, candidatos nº 3 e nº 4, respectivamente, da candidatura do BNG ao Congreso.
Desde o BNG de Gondomar chaman á veciñanza a se achegar a este mitin en que falarán da importancia de que Galiza conte con máis forza en Madrid, da necesidade de fortalecer a presenza do nacionalismo galego porque “o voto ao BNG é, ao mesmo tempo, garantía da defensa dos dereitos e dos intereses de Galiza, de avances en dereitos sociais e de freo a dereita e a ultradereita”

