O Centro Cultural e Veciñal de Peitieiros convoca o V certame literario do Día das Letras Galegas no que poderá participar calquera persoa cunha obra orixinal e inédita escrita en galego que hai que presentar antes do 12 de maio.
Bases:
- Poderá participar calquera persoa cunha obra orixinal e inédita escrita en galego (normativa oficial).
- Admitiranse textos en prosa ou verso, dunha extensión máxima de dúas páxinas (corpo da letra 12, interlineado 1,5).
- Presentaranse por triplicado antes do 12 de maio remitíndoos por correo ao seguinte enderezo: CCV Peitieiros, Peroleira 33, 36389 Gondomar: facendo constar no sobre “certame literario”.
Establécense tres categorías:
A) Até os 12 anos
B) De 12 a 18 anos
C) De 18 anos en diante
- As obras deberán presentarse sen nome da/o autor/a nun sobre pechado No interior virá outro sobre que por fóra indicará a categoría en que se participa e dentro traerá os datos da autora ou autor: nome, DNI, enderezo, correo electrónico e teléfono, e se o estima unha moi breve biobibliografía.
- Haberá un premio por cada categoría, consistente nun lote de libros e un diploma. A decisión do xurado será inapelábel. A participación no concurso implica a aceptación destas bases.
- Os premios daranse a coñecer o día 20 de maio, ás 19 horas, no acto das Letras galegas que se desenvolverá no Centro Cultural de Peitieiros, en que se abrirán as plicas e as e os gañadores darán lectura á súa obra.
