Por segundo ano consecutivo, os veciños de Salcidos, na busca de recuperar as tradicións, celebrán este venres as Festas de San Xoán na plazoleta do barrio.
Despois do éxito e da ilusión despertada este ano volven con maís forza para ofertar un día de ledicia e confraternidade. As actividades comezarán a tarde, a partires das 17:00 horas cunha pequena exposición de fotos antigas do barrio, en colaboración con «Salcidos en Blanco y Negro», logo seguira co tradicional churrasco e as actuacións musicáis, de Lique, na música nas prazas e un grupo musical a cargo dos veciños.
Haberá para comer churrasco e criollos a prezos populares.
Programa
Venres:
- A partir das 17:00 horas, exposición de fotos antigas do barrio.
- Durante a noite, gran churrascada con costela, criollo, pan, auga e viño (8 euros).
- Ás 22:00 horas, actuación do grupo Liquen. O sue termo, actuación dun grupo musical a cargo dos veciños.
