Neste mes de xaneiro, o Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acolle a IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia.
Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, co apoio do Concello de Gondomar fomentarán e potenciarán a creatividade teatral e a representación neste mes de xaneiro que abre as portas a un ano de celebración dos 20 anos do IEM.
Nesta fin de semana será o momento da representación das pezas teatrais das compañías de Gondomar, Vichelocrego e Pritis- Guomins.
A entrada será gratuíta e para todos os públicos.
Sábado 19 de xaneiro- 19.30 horas.
- Cóncavo-convexo, representada por Vichelocrego de Gondomar.
Domingo 20 de xaneiro- 18.00 horas.
- Rosa rosae,representada por Pritis- Guomins de Aula teatro Gondomar.
