Laroca

Este sábado reanudase a liga galega de xadrez, unha vez disputados os campionatos galegos nas categorías sub 14 e sub 18. 

Nesta xornada disputaranse tódolos encontros na sede de Mallón, Nigrán, a partires das 17:00 horas. Na primeira división o Laroca A, situado na segunda posición, enfrontarase o líder da categoría, o equipo ourensán do Liceo grupo academia postal, separados tan só por punto e medio.

Na segunda división o Laroca B, situado na cuarta posición, enfrontaráse os vilagarciáns do CXF- Zona Aberta, situado na terceira posición e separados por tan só medio punto. Nesta mesma categoría o Laroca C situado na decima posición, ocupando prazas de descenso, enfrontaráse ó Albatros B, que ocupan a sétima praza a dous puntos dos miñorans.

Na terceira división o Laroca Mallón-IES Auga da Laxe, ocupando segunda praza en postos de ascenso, enfrontaráse os vigueses de EXP. CVCV Valladares, que ocupan a oitava posición.