Os Socialistas de O Rosal realizaron este mércores a presentación da súa candidatura ás Eleccións Municipais ante un ateigado Centro Social Polivalente.
O evento foi presentado la Nº2 da candidatura, Rosa Maceiras, quen deu paso a José Manuel Domínguez Freitas, ex alcalde da Guarda, quen amosou o seu apoio ao candidato do Rosal, sinalando que é “unha persoa formada e preparada para rematar coas políticas partidarias e obsoletas do PP no Rosal”.
Modesto Pose, Senador polo PSOE, destacou a importancia de que os socialistas gobernen O Rosal, unha oportunidade de ouro para un cambio tan esperado na vila baixomiñota.
Para rematar o acto tomou a palabra o Candidato á Alcaldía polo PSdG-PSOE, José Carlos Martínez Crespo, nado fai 42 anos na xuradía de Fornelos, dixo estar orgulloso de encabezar esta candidatura e voltar á súa orixe, con responsabilidade para liderar un proxecto político progresita e renovado.
De seguido presentou á Candidatura para os comicios do 26 de maio:
- José Carlos Martínez Crespo
- Juana Rosa Maceiras Riomao
- Miguel Ángel Rodríguez Velasco
- Begoña Domínguez Cerqueira
- Luis Giráldez Giráldez
- María Concepción Alonso Rodríguez
- José Manuel Gómez Campos
- Milagros Lores Torres
- Matías Martínez Martínez
- Silvia Rodríguez Duran
- José Luis Gómez Trigo
- Carmen María Rodríguez Lagos
- Julio Vicente González
