O Concello da Guarda selecciona un patrón de embarcación para cubrir o servizo de salvamento e vixilancia das praias do Concello, durante 2,5 meses a xornada completa.
A titulación mínima esixida é a de patrón de navegación básica (PNB), patrón de embarcación de recreo (PER) ou licenza federativa para o goberno de embarcacións de recreo.
As bases da convocatoria están a disposición dos interesados no Rexistro e na sede electrónica do concello da Guarda.
