Carlos Gómez, alcalde do Concello de Baiona, ven de firmar un contrato con FCC para a limpeza das parroquias e xardíns.
Trátase dun acordo necesario para Baiona e que, durante os 4 anos de duración do mesmo, mellorará o servizo que actualmente estase a ofrecer.
Esta empresa comezará a traballar este luns por Baredo e continuará polo resto das parroquias, sendo o seu obxectivo a limpeza cíclica de tódolos camiños e estradas municipais.
O alcalde indica que con isto «cumprirase unha das súas promesas electorais, que as parroquias recibirán un mantemento durante todo o ano«.
