Agrupación Musical de Goián

O pasado sábado celebrouse no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela o XIII Certame Galego de Bandas de Música Populares con máis de 1.300 músicos de Galicia, Cartela e León e Portugal, e no que participaron a Agrupación Musical de Goián e a Agrupación Musical de Belesar.

A Agrupación Musical de Goián acudiu ao Certame por segundo ano coa obra «Lobo de Río», do compositor goianés, Andrés Álvarez, gracias a cal acadou un primeiro premio, con 481 puntos, á «Mellor interpretación dunha obra de temática galega».

O dobre éxito acadado pola banda é o resultado de moitas semanas de traballo baixo a batuta do mestre Pedro Villlarroel. Así o valorou o xurado internacional formado por Frank de Vuyst, Laurence Roman e Luis Serrano Alarcón.

Pola súa banda, Agrupación Musical de Belesar acadou un terceiro premio, con 446 puntos, tamén á «Mellor interpretación dunha obra de temática galega».

Agrupación Musical de Belesar