Los niños saharauis en Tomiño

O salón de plenos do Concello de Tomiño acolleu esta mañá un emotivo acto que tivo como protagonistas os oito nenos saharauis que están a pasar o verán no Baixo Miño e no Val Miñor grazas ao programa ‘Vacacións en paz’, organizado pola Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui.

A alcaldesa, Sandra González, e a concelleira de Servizos Sociais, Cristina Martínez, exerceron de anfitrioas. “Quero dar a benvida aos nenos e nenas, grazas pola visita. Tamén quero agradecer ás familias de acollida a súa xenerosidade”, asegurou a alcaldesa.

No acto tamén estivo presente Xosé Enrique Porto, delegado na zona da Asociación Galega co Pobo Saharaui, ao igual que a alcaldesa, quiso denunciar a situación “da última colonia de África. Alí os nenos están sen medicación e sen auga”. Insisten en que o Goberno español actúe para rematar coa situación extrema do pobo saharaui. Esta asociación leva máis de trinta anos traendo a rapaces saharauis a Galicia, ofrecéndolles unha familia de acollida, acceso a consultas médicas e tamén unha escapatoria o inferno que se vive no Sáhara no verán, onde as temperaturas ascenden aos 50 graos.

A rexidora entregoulles un agasallo ás nenas e nenos. O Concello de Tomiño colabora dende fai moitos anos aportando unha axuda económica destinada a esta iniciativa. “Tomiño sempre colabora con nós. É un Concello implicado na situación que vive o pobo saharaui”.

Xa está aberta a inscrición para todas as familias interesadas en acoller os nenos saharauis o próximo verán.