A Asemblea Veciñal por un Transporte Digno para Gondomar (AVTG) convoca a veciñas e veciños á participar na asemblea que terá lugar mañá, sábado 19 de decembro, a partir das 19:15 horas, na carpa que o Concello ten instalada na Praza da Paradela.

Na asemblea darase información sobre a implantación do Plan de Transporte da Xunta e sobre as novas liñas, horarios e paradas que van comezar o vindeiro mércores 23 de decembro.