A Asociación Cultural Centáurea, coa colaboración do Concello de Gondomar e a Deputación de Pontevedra, organiza un magosto e xogos populares para este domingo, a partires das 16:00 horas, en Gondomar.
Nesta xornada vaise conxugar a máis senlleira tradición do outono, o magosto, coa reivindicación da cultura popular. Así, ademais da degustación de castañas asadas, se achegará a mocidade, a rapazada e a toda a veciñanza local, a unha amplísima variedade de xogos populares.
Os xogos estarán repartidos en diversas ubicacións, entre a o campo de bolos de As Cercas e o CDL (colexio vello). Con un conxunto de máis de trinta xogos de interior e exterior, pertencentes a entidades desta bisbarra e á colección do Concello de O Grove. Os asistentes van coñecer unha excelente escolma de trebellos que forman parte da nosa cultura cos que poderán enredar e poñer a proba o seu enxeño e habilidade, asistidas e orientadas por persoas expertas no seu manexo.