CONCELLO DE A ILLA DE AROUSA

A asociación de Persoas Maiores do Rosal organiza, a través da Diputación de Pontevedra, unha excursión á Illa de Arousa.

O percorrido será por a Illa da Toxa, paseo en barco pola ría de Arousa (con degustación), O Grove, Museo de Salazón e paseo pola zona e xacimiento de A Lanzada.

A data escollida será o 8 de setembro, con saída as 9.00 horas da Praza do Calvario. O prezo para esta excursión é de 12€/persoa con todo incluído.

Inscricións ata o 21 de agosto no Centro Social os martes de 15.30 a 17.30 horas (DNI e teléfono de contacto). Poden anotarse tódalas persoas interesadas sexan socias ou non.