CEDIDA XADREZ LAROCA

A baionesa Mireya Represa, pertencente o club Laroca, acadou o podium nos campionatos de España de xadrez celebrados na localidade granadina de Salobreña.

Represa logrou o primeiro posto da clasificación xeral femenina nos campionatos de España de rápidas, na que rematou con 6 puntos de 9 posibles. Asemesmo tamen acadou o segundo posto na modalidade de lentas, na que rematou con 6 puntos empatada ca primeira clasificada, a andaluza Ana Redondo.

Por outra parte, este pasado fin de semana celebrouse no auditorio do concello de Nigrán o V torneo de xadrez Val Miñor, torneo celebrado a seis rondas entre o sábado e domingo, na que participaron 68 xadrecistas. En dito torneo proclamouse campión por tercer ano consecutivo o xogador do Xadrez Mos, Brais Otero, rematando na segunda posición o Laroqueiro Francisco Rego. Na terceira posición remato Isidro Luis Durán, de Xadrez Altamira.

O primeiro na categoría sub 18 foi tamen para o Laroqueiro, José Manuel Ben. En sub 16 o primeiro posto foi para o xogador do Lucena, Javier Araujo, mentras que na categoría sub 16, o Laroqueiro Ricardo Fernández acadou o primeiro posto. Na categoría sub 14, acadou o primeiro posto Javier Caudet, do xadrez Lucena, en sub 12 foi para o xogador do Xadrez Mos, Sergio Pérez, e xa na categoría sub 10 foi para o cambades do Fontecarmoa, Cesar Oubiña.